Historia da A.V.C.R San Mamede de Zamáns
A Asociación veciñal, cultural e recreativa San
Mamede de Zamáns nace na primavera
do ano 1989 na parroquia
de Zamáns do Concello de Vigo.
O San Mamede é o
santo da parroquia que se celebra no mes de agosto e na súa honra púxose este
nome á asociación.
Antes da fundación
da A.V.C.R San Mamede de Zamáns,
existían duas entidades, un centro cultural e unha asociación de veciños que no
ano 1995 decidiron fusionarse nunha
única entidade sumando esforzos para a consecución dun obxectivo
fundamental:
-Traballar para
mellorar o benestar dos veciños de Zamáns tanto no eido cultural como veciñal.
A A.V.C.R. San
Mamede de Zamáns ten dende o seu nacemento unha intensa actividade, realízanse
todo tipo de cursos, informática, tapizado , bolillos , manualidades, taller de
teatro, taller de lectura para nenos, ximnasia, guitarra entre outros e tamén como non, actividades
que fomentan o noso folclore como baile galego, gaita, pandeiretas, coral e
rondalla.
Como resultado desa
actividade naceron no seo da asociación varias agrupacións como o Grupo de
Metais Grume, Grupo de gaita e Baile Xinela, Grupo de Pandereteiras Abeleira, Grupo folk Virandeiras, a Rondalla
e a Coral Polifónica da asociación.
Ademáis da actividade
cultural, a asociación asesora á
veciñanza en trámites e representa e defende frente a Administración
os temas de interese común.
Os fins principais da Asociación
contemplados nos estatutos son os
seguintes:
-O Establecemento do nexo de unión entre os veciños da Parroquia de Zamáns, en
todo canto se refire á resolución dos seus problemas urbanísticos, como hixiene
, conservación, medio ambiente, e todos cantos problemas afecten ó benestar e ó
interés xeral dos veciños.
-Promoción e xestión das actividades educativas,
culturais, festivas, deportivas e de
caracter
social encamiñadas a mellorar a
formación e o benestar dos seus veciños
e
favorecer a súa convivencia e a súa realización
integral individual, familiar e colectivamente.
-A asunción de defensa dos intereses dos veciños en canto resulten afectados en materia de
urbanismo, asistencia social, ensino, sanidade, dereitos humáns, igualdade de
oportunidades, medio ambiente, protección, seguridade e información.
-A representación dos seus asociados mediante os
acordos adoptados na Asemblea Xeral.
A asociación poderá levar a cabo cantas accións sexan
necesarias para a consecución dos seus fins , otorgando poderes ós seus
asociados ou representantes externos para comparecer en pleitos ou para calquer asunto que se
precise.
Composición da directiva da
Asociación en 1993-1995
Presidente: Hortensia González Fernández
Vicepresidente: Antonio Martínez Serodio
Secretario: Mª Visitación Pérez Fernández
Tesorero: Horacio Prado Alonso
Vogais: Mª Pilar Arca, Alsiro Pampillón Freiría,
Servando Vila Alonso, Alejandro Gómez Represas, Teodoro Vila Vázquez, Guillermo
Costas Rodríguez, Inocencio Rodríguez
Alonso, Modesto Rodríguez, Enrique Lago Soto, Manuel Arca Cabral,
Agustín Freiría Fernández e Claudio Comesaña Fernández.
Composición da directiva da
Asociación en 1995
Presidente: Hortensia González Fernández
Vicepresidente: Mª Visitación Pérez Fernández
Secretario: Mª Pilar Arca
Tesorero: Horacio Prado Alonso
Vogais: Servando Vila Alonso, Alejandro Gómez Represas, Inocencio
Rodríguez Alonso, Modesto Rodríguez Rodríguez, Francisco González Fernández, Ana
Figueroa Martínez, Guillermo Costas Rodríguez, Manuel Arca Cabral, Agustín
Freiría Fernández e Claudio Comesaña Fernández.
Composición da directiva da
Asociación en novembro 1995-1997
Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez
Vicepresidente 1: Ana Rosa Figueroa Martínez
Vicepresidente 2: Inocencio Rodríguez Alonso
Secretario: Mª Visitación Pérez Fernández
Vicesecretario: Manuel Iglesias Pérez
Tesorero: Horacio Prado Alonso
Vogais: Servando Vila Alonso, Teodoro Vila Vázquez, Arsenio
Martínez Otero, Francisco González
Fernández, Armando Oitavén Bartolomé,
Juan Antonio
Comesaña, Lorena Freiría Prado, Ismael Costas Oitabén, José Mª Alonso
Rodríguez, Manuel Ángel González Pérez, Juan Carlos Vila Romero, Guillermo
Costas Rodríguez, Manuel Arca Cabral, Agustín Freiría Fernández e Claudio
Comesaña Fernández.
Composición da directiva da
Asociación en outubro do 1997-1999
Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez
Vicepresidente: Ana Rosa Figueroa Martínez
Secretario: Manuel Iglesias Pérez
Tesorero: José Ángel Alonso
Vila
Vogais: Arsenio Martínez Otero, Armando Oitavén Bartolomé, Josefa Martínez
Alonso
Juan Antonio
Comesaña Figueiras, José Mª Alonso Rodríguez, Herminio Fernández, Nemesio
Costas, José Hortensio Vila Juan Carlos Vila Romero, Manuel Arca Cabral.
Composición da directiva da
Asociación en novembro do 1999-2002
Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez
Vicepresidente: Josefa Martínez Alonso
Secretario: José Manuel Fernández
Tesorero: José Ángel Alonso
Vila
Vogais: Arsenio Martínez Otero, Armando Oitavén Bartolomé, Manuel Ángel
González, Luís Figueroa, Gonzalo Freiría, Ana González, María Costas, Nieves
Martínez, Mª Carmen Freiría, José Mª Alonso Rodríguez.
Composición da directiva da
Asociación en xaneiro do 2002-2004
Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez
Vicepresidente: Josefa Martínez Alonso
Secretario: José Manuel Fernández
Tesorero: José Ángel Alonso
Vila
Vogais: Armando Oitavén Bartolomé, Luís
Figueroa Barros, Mª Belén Alfaya Bernárdez, Eloy Lugo Prado, José Manuel
Guisande Alonso.
Composición da directiva da
Asociación en xaneiro do 2004-2006
Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez
Vicepresidente: Elisa Longo González
Secretario: Ana Rosa Figueroa Martínez
Tesorero: José Ángel Alonso
Vila
Vogais: Arsenio Martínez Otero, Armando Oitavén Bartolomé, Juan Antonio
Comesaña Figueiras, Martín Díaz Alonso, Matías González Rodríguez, Josefa
Martínez Alonso, Mercedes Otero Freiría, Mª Pilar González Domínguez, Eloy
Lugo, José Juan Freiría, Noelia Freiría Prado, Gonzalo Freiría Guisande.
Composición da directiva da
Asociación 2006-2008.
Presidente: Juan Carlos Rodríguez Torres
Vicepresidente: Delfín Freiría Fernández
Secretario: Alberto Prieto Estévez
Tesorero: José Ángel Alonso Vila
Vogais: Pilar Alonso Pazos, Mercedes Otero Freiría, Rosa María
Prado Alonso, Juan José Freiría Otero, Noelia Freiría Otero, Modesto Rodríguez
Rodríguez, Armando Oitavén Bartolomé, Arsenio Martínez Otero, Gonzalo Freiría
Guisande, Graciano Alonso Alonso e Claudio Comesaña Fernández.
A
asociación constitúese por tempo indefinido e o número de socios foise
incrementando ó longo dos anos. Na actualidade está formada por 360 socios e
por aproximadamente 446 beneficiarios, familiares dos socios.